cisterna

< lat cisterna
Pliral: cisternas
  1. s f Depósito subterráneo que se destina a conter líquidos.
  2. s f Depósito de auga dun inodoro.
  3. s f Tanque de gran tamaño que posúen certos vehículos para transportar líquidos ou gases.
  4. s f ANAT Espazo situado na base do cerebro onde se concentra abundante líquido cefalorraquídeo.
  5. cisterna de Pecquet ANAT Dilatación localizada na parte alta e profunda do abdome que dá orixe ao conduto torácico que transporta a linfa á pelve, ás extremidades inferiores e ás arterias intestinais.

Confrontaciones

Citas

  • A cisterna do váter xa se volveu avariar, bota a auga por fóra
  • Debido á seca destes días, varias poboacións tiveron que facer uso de enormes cisternas de auga
  • Vai ao volante dun camión cisterna que contén mercadorías perigosas