cisne

< fr ant cisne lat v *cĭcĭnu lat cygnus gr κψκνος
Pliral: cisnes
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave acuática, do xénero Cygnus, que pertence á familia dos anátidos, de gran tamaño e plumaxe branca, de cabeza pequena, pescozo moi longo e flexible e patas curtas e palmadas, que vive en masas de auga doce e zonas litorais mariñas de pouco fondo.
  2. cisne común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos anátidos, co peteiro de cor laranxa e unha excrecencia negra na base.
  3. cisne grande ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos anátidos, que se caracteriza por ter a base do peteiro amarelo e a punta negra.
  4. cisne negro ANIMAL/ORNIT Ave de plumaxe negra, da familia dos anátidos, co peteiro vermello, agás a punta que é branca.