cirrio

Pliral: cirrios
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave insectívora da familia dos apódidos, de ás longas e estreitas con forma de fociño, peteiro curto e ancho e patas curtas, cuxa plumaxe é parda ou negra, coa gorxa branca, e a cola é gallada e curta.
  2. cirrio arborícola ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos hemiprócnidos, de plumaxe cinsenta e cabeza riscada de branco, cunha curupela que desprega.
  3. cirrio cafre ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, coa mitra de cor branca.
  4. cirrio común ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, coa plumaxe marrón escura, que forma colonias en gretas de edificios altos ou cantís naturais.
  5. cirrio grande ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, coa gorxa e o ventre brancos e cunha franxa pectoral castaña, igual ca o resto do corpo.
  6. cirrio pálido ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, de cor castaña clara e gorxa branca, que aniña na área circunmediterránea.

Formas incorrectas

vencello (ave)

Palabras vecinas