circular

< lat circulāre, adxectivo
Pliral: circulares
  1. adx Que ten forma de círculo ou circunferencia.
  2. s f
    1. Carta dirixida a diferentes persoas e cunha mesma redacción.
    2. DER Forma externa que reviste a resolución ou disposición administrativa ditada por calquera órgano da administración xerarquicamente inferior ao ministro e, nas comunidades autónomas, inferior ao conselleiro. O seu obxectivo é a organización interna e o funcionamento dos servizos dependentes.
  3. circular de cordón PAT Anomalía da posición do cordón umbilical que consiste nun enrolamento do cordón arredor dunha parte do corpo fetal.

Citas

  • O edificio ten planta circular
  • O problema consistía en calcular unha superficie circular