cinto

< lat cinctus lat cingĕre ‘cinguir’
Pliral: cintos
    1. s m Faixa ou correa de diferentes materiais, xeralmente con fibela, que se emprega para cinguir e axustar a roupa á cintura.
    2. s m DEP Faixa de tea que os combatentes, de judo e outras artes marciais, se ligan á cintura. A súa cor varía segundo o grao de coñecemento e madureza do practicante.
    3. cinto de castidade HIST Cinto que os señores poñían ás súas esposas na Idade Media co fin de que non fosen infieis mentres ían á guerra.
    4. cinto de seguridade TRANSP Faixa de tea forte que se cingue á cintura dos viaxeiros dun avión ou dun automóbil para evitar que sexan lanzados fóra dos asentos en caso dunha freada súbita ou dun choque.
    1. s m XEOG/AGR belt.
    2. cinto do Pacífico XEOL Franxa de actividade volcánica con numerosos volcáns activos. OBS: Tamén se denomina cinto de lume.
  1. s m PESCA Faixa de esparto, lona ou coiro que se empregaba para conducir a rede a terra.
  2. cinto de Venus ANIMAL Ctenóforo mariño, da clase dos tentaculados, co corpo comprimido e alongado en forma de cinta, delgado e transparente, moi vistoso.

Citas

  • Cáenlle os pantalóns e ten que usar cinto
  • Quedaron rodeados por un cinto policial

Frases hechas

  • Apertar o cinto. Gastar menos cartos.