cinta

< lat cĭncta, f de cinctus lat cĭngĕre ‘cinguir’
Pliral: cintas
    1. s f Tira de tecido longa e estreita que se emprega para adornar, atar ou prender algo.
    2. s f Tira longa e estreita de diferentes materiais.
    3. s f Banda tinguida que en certas máquinas marca o relevo dos tipos enriba do papel por medio de presión.
    4. s f BÉL Dispositivo ríxido ou articulado en forma de tira que permite a unión dos cartuchos e facilita a alimentación de certas metralladoras.
    5. s f IMAX Película fotográfica ou cinematográfica.
    6. cinta adhesiva IND Tira de papel, pano ou plástico que contén, sobre unha cara, unha capa dunha substancia adhesiva non solidificada.
    7. cinta de vídeo TECNOL Cinta magnética, de medidas normalizadas, para rexistrar imaxes e son.
    8. cinta illante TECNOL Cinta téxtil ou plástica impregnada dun adhesivo por unha das súas caras que se emprega para protexer as unións dos condutores eléctricos.
    9. cinta magnética / FÍS/TECNOL Cinta empregada nos sistemas de gravación magnética de información que constitúe o soporte onde se fixa esta información.
    10. cinta métrica METROL Tira de aceiro ou de tecido dividida en m, dm, cm e mm que serve para medir lonxitudes.
    11. cinta perforada TECNOL Cinta de papel resistente que, como soporte de información, se empregou en telecomunicacións.
    12. cinta transportadora TECNOL Dispositivo formado por unha tira continua de metal ou plástico que serve para trasladar mercadorías ou persoas.
  1. ANAT
    1. s f Estrutura anatómica longa e aplanada, especialmente a de natureza nerviosa.
    2. cinta óptica Cada unha das dúas cintas, situadas unha a cada lado da base do cerebro, constituídas polas fibras nerviosas ópticas na saída da quiasma.
  2. s f ARQUIT Faixa decorativa longa e estreita.
  3. s f Pezas que sosteñen o conduto do muíño que leva o gran desde a moega á moa.
  4. s f PROTISTA Alga do xénero Chorda.

Sinónimos