cíngulo

< lat cingŭlu ‘cinto’ lat cingĕre ‘cinxir’
Pliral: cíngulos
  1. s m Cinto cunha borla en cada cabo, co que o sacerdote cingue a alba para celebrar os oficios divinos.
  2. s m BOT Porción do frústulo das diatomeas, que limita lateralmente cada célula formada polas dúas pleuras.