cinético -ca

Pliral: cinéticos Masculino: cinético Masculino plural: cinéticos Femenino: cinética Femenino plural: cinéticas
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao movemento.
    2. Que está provocado polo movemento.
  2. adx Relativo ou pertencente á cinética.
  3. arte cinética ARTE Corrente artística que incorpora o movemento real ou aparente á peza escultórica. Os grupos de investigación cinética buscaban acadar o movemento mediante aparatos luminotécnicos, móbiles sen motor, móbiles con forza magnética, obxectos transformables e movementos ocasionados pola percepción óptica.
  4. teoría cinética dos gases FÍS Teoría que aplica as leis da mecánica clásica ao estudo dos gases, obtendo expresións macroscópicas que permiten determinar a presión, a enerxía interna e as calores específicas dos gases.
  5. literatura cinética LIT Literatura que implica no lector unha acción máis ca unha experiencia estética.

Palabras vecinas