cine afeccionadoActividade cinematográfica non profesional realizada xeralmente en película de paso estreito.
cine de arte e de ensaioDenominación de certas salas especializadas en exhibición de filmes en versión orixinal e íntegra de obras de calidade, de repertorio clásico, de experimentación e de vangarda.
cine mudoPeríodo que comprende desde o nacemento do cine (1895) ata a aparición do cine sonoro (1928). As imaxes acompañábanse de música en directo e subtítulos para conseguir un maior realismo.
cine negroXénero do cine que se desenvolveu fundamentalmente nos EE UU (1941 – 1955) e que tivo unha certa continuidade en Europa. A violencia, o sexo, a criminalidade e a sociedade marxinal son elementos básicos desta tendencia, que ten a súa orixe no filme TheMalteseFalcon (1941) de John Huston.
cine sonoroPeríodo da historia do cine que comezou en 1928, caracterizado pola presenza do son das voces dos actores dentro da película.
smSala comercial onde se proxectan películas cinematográficas.