smQUÍMElemento químico, de número atómico 30 e peso atómico 65,38, que pertence ao grupo IIB da táboa periódica. É un dos metais que se localiza nun gran número de proteínas e un dos oligoelementos esenciais. Ten un gran número de aplicacións, como a galvanización do ferro e do aceiro, e a preparación de compostos de cinc.
cloruro de cincQUÍMSólido cristalino delicuescente que se emprega na galvanización do ferro, como preservativo para a madeira, desinfectante, na preparación de cementos especiais e na industria téxtil.
óxido de cincQUÍMSólido en forma de pos brancos amorfos empregados como pigmento. OBS: Tamén se denomina brancodeChina ou brancodecinc.
sulfato de cincQUÍMCristais incoloros que se empregan en medicina como mordente; como preservativo para o coiro e a madeira, e como axente branqueador.