abdución

Pliral: abducións
  1. s f Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.
  2. s f FISIOL Movemento polo que un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.
  3. s f FILOS
    1. Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.
    2. Hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela.
  4. s f DER Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.
  5. s f HIST/BÉL Dislocación ou ruptura dunha formación militar, na Roma antiga.

Formas incorrectas

abducción