ciclón

< gr κυκλ ῶ ν, p activo de pres de κυκλόω ‘arremuiñarse’
Pliral: ciclóns
  1. s m Sistema de vento en rotación de carácter tempestuoso.
  2. s m METEOR Grande área de baixa presión na atmosfera que está formada, inicialmente, por unha masa de aire cálida e por unha masa de aire fría, separadas por unha fronte quente e por unha fronte fría que se reúnen no cume da ondulación (centro do ciclón).
  3. s m TECNOL Separador de partículas sólidas suspendidas nun fluído.

Sinónimos

Antónimos