ciclo

< lat cyclu gr κύκλος ‘círculo’
Pliral: ciclos
  1. s m Serie de acontecementos ou fenómenos que se suceden e repiten ordenadamente.
  2. s m Período de tempo que xa se dá por concluído e a partir do que se comeza a contar de novo.
  3. s m Conxunto de actos culturais que se celebran en relación cun mesmo asunto ou tema.
  4. LIT
    1. s m Conxunto de composicións poéticas, narrativas ou dramáticas relacionadas entre si segundo un criterio temático, cronolóxico ou mesmo de autoría.
    2. ciclo carolinxio Conxunto de narracións ambientadas na Corte de Carlomagno e dos Doce Pares de Francia, que recibiu, así mesmo, o nome de materia carolinxia ou materia de Francia. A obra máis coñecida da materia carolinxia constitúea a Chanson de Roland.
    3. ciclo troiano Conxunto de narracións medievais, en prosa e verso, que toman como eixe temático a guerra de Troia. A obra que lle serviu de inspiración ao ciclo troiano foi a Ilíada de Homero.
  5. s m BOT
    1. verticilo.
    2. Número de membros, en filotaxe, dunha espira xeratriz.
  6. s m FÍS
    1. Serie de fases e de cambios efectuados segundo unha sucesión ordenada mediante a que un mecanismo, unha substancia ou un sistema se ven obrigados, periodicamente ou non, a volver ás súas condicións iniciais.
    2. Parte dun fenómeno periódico que ten lugar durante un período.
  7. s m LING Unidade aplicada na fonética acústica que afecta á amplitude e á frecuencia dos sons.
  8. s m QUÍM anel.
  9. s m TECNOL Serie de operacións efectuadas polos gases operantes no cilindro e que se repiten periodicamente.
  10. ciclo biolóxico/vital Conxunto de cambios que experimenta un organismo ou unha serie de xeracións de organismos, desde a fecundación do ovo ata a reprodución de gametos.
  11. ciclo biosférico/bioxeoquímico ECOL Ciclo que completa un elemento químico ou un composto na natureza.
  12. ciclo de Krebs BIOQ Conxunto de reaccións que se produce de maneira tipicamente cíclica e que teñen como finalidade a degradación de elementos dicarbonados (acetilcoencima A), que transforman en CO 2 , con aproveitamento da súa enerxía redutora mediante cadeas respiratorias para levar a cabo a fosforilación oxidativa. OBS: Tamén se denomina ciclo dos ácidos tricarboxílicos e ciclo do ácido cítrico.
  13. ciclo de sedimentación XEOL Proceso en que se forma o sedimento, se transporta e finalmente se deposita, co que volve a comezar o proceso cando a erosión actúa sobre estes depósitos.
  14. ciclo económico ECON Cambio pequeno e moi regular do nivel da actividade económica que, dunha maneira persistente, foi alterando a marcha xeral da economía nos países capitalistas desenvolvidos desde finais do s XVIII.
  15. ciclo hidrolóxico METEOR Conxunto de procesos que experimenta a auga ao mudar de estado, como consecuencia dos mecanismos de transferencia de enerxía que se establecen entre a superficie terrestre e a atmosfera.
  16. ciclo lunar Período de tempo no que, unha vez transcorrido, o Sol e a Lúa se atopan novamente nas mesmas posicións relativas e, en consecuencia, repítense as fases da Lúa nas mesmas datas.
  17. ciclo solar Período de tempo tras o que os días da semana se repiten nas mesmas datas do ano.
  18. ciclo termodinámico FÍS Proceso cíclico, ou secuencia de transformacións, dun sistema termodinámico no que ao seu remate o sistema queda no mesmo estado termodinámico que estaba ao principio.
  19. ciclo xeolóxico XEOL Ciclo constante de creación e destrución experimentado pola Terra.

Citas

  • O ciclo Alpino comezou hai 225 millóns de anos
  • O ciclo das estacións repítese ano a ano
  • O ciclo de conferencias sobre Otero Pedrayo vaise celebrar en Ourense en novembro