admisión

< admitir
Pliral: admisións
  1. s f Feito de ser admitido.
  2. s f ENX
    1. Introdución do vapor no cilindro da máquina de vapor, debido á diferenza de presión entre a caldeira e o cilindro.
    2. Tempo do ciclo dun motor endotérmico, no que o aire ou a mestura gasosa combustible entra no cilindro a causa da aspiración creada polo movemento do pistón.
  3. admisión na cotización ECON Acto polo que se concede a un título o dereito de figurar na cotización oficial da bolsa e, polo tanto, de ser obxecto de negociación.
  4. reserva do dereito de admisión DER Potestade que ten un local privado para non permitir a entrada a certas persoas.

Sinónimos

Citas

  • Nese local manteñen pendurado o cartel sobre a reserva do dereito de admisión