adxRelativo ou pertencente ao pobo chibcha ou á súa lingua.
sETN/HISTIndividuo do pobo dos chibchas.
sm plETN/HISTPobo amerindio precolombino, tamén coñecido cos nomes de muisca, muysca ou mosca, que antes da chegada dos conquistadores se asentaba na rexión montañosa oriental de Colombia.
LING
smLingua, desaparecida no s XVIII, que se falaba nas mesetas altas de Bogotá e Tunja.
linguas chibchasFamilia das linguas amerindias de América do Sur e de América Central que se estende desde os confíns de Costa Rica e Nicaragua, ao N, ata o golfo de Guayaquil, ao S.