sfcharlatanaría.Ex: É sorprendente a súa charlatanería, se a atopas fortuitamente non te deixa tranquilo Ex: Xa estamos afeitos ás súas charlatanerías, pero nunca cumpre nada do que di
Citas
É sorprendente a súa charlatanería, se a atopas fortuitamente non te deixa tranquilo
Xa estamos afeitos ás súas charlatanerías, pero nunca cumpre nada do que di
Refranes
A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón.
A moita parola deixa a cabeza tola.
As moitas palabras son sinal de poucas obras.
Ás veces fálase por ter lingua.
Falar sen pensar é tirar sen apuntar.
Hai quen calando fala e falando non di nada.
Home de moita lingua, para quen o queira.
Home de moita parola, todo é faramalla / faramallada.
Home parlanchín, home ruín.
Home parlanchín, para todos mais non para mino
Non abondan estopas para tapar tantas bocas.
O can e o paroleiro, deixalos no carreiro.
O falar todo é paro lar.
O paroleiro fai mudo o seu compañeiro.
O que fala polos cóbados non agrada a todos e aborrece a moitos.