chacal

< turco čakāl persa šagāl
Pliral: chacais
  1. s m ANIMAL Mamífero carnívoro do xénero Canis, da familia dos cánidos e que ten un aspecto esvelto, patas longas, cola grosa e orellas levantadas e grandes.
  2. chacal común/dourado ANIMAL Carnívoro, cun pelame de cor amarela dourada con manchas de cor parda.
  3. chacal de lombo negro ANIMAL Carnívoro, de pelame rubio e co lombo raiado en negro e branco que vive en sabanas e bosques abertos do L e S de África.
  4. chacal etíope ANIMAL Carnívoro de pelame rubio co peito e o ventre de cor branca.
  5. chacal raiado ANIMAL Carnívoro, de pelame cincento, cunha franxa de cor branca que lle percorre os flancos.