cesión

< lat cessiōne
Pliral: cesións
  1. s f Acción de ceder algunha cousa a outra persoa ou de permitir que esa persoa pase a dispoñer dela.
  2. DER
    1. s m Transmisión que unha persoa fai dun dereito, dunha obriga ou dun ben en favor doutra.
    2. cesión de bens Acto polo que o debedor fai entrega de todos os seus bens aos acredores para que estes apliquen o seu importe co fin de satisfacer os seus créditos.
    3. cesión territorial Renuncia dos dereitos de soberanía sobre un territorio dun estado en favor doutro.

Citas

  • A cesión do balón permitiu que o dianteiro marcara un gol, O notario non consentiu a cesión da casa, pero si a dos campos
  • A cesión dos dereitos de autor do libro non se levou a cabo