smCifra que representa a ausencia de unidades e é o elemento neutro na suma de números enteiros.
cero dunha funciónalor da variable independente x para o que a función f(x) vale cero.
smRepresentación gráfica dese número.
smNota máis baixa que se pode obter nunha cualificación.
smNingunha cousa.
METROL
smPunto desde o que se comezan a contar os graos ou as divisións dunha escala.
cero absolutoTemperatura en que a enerxía do movemento molecular é nula. Equivale a cero graos Kelvin (-273,15 °C).
cero dun aparatoIndicación que dá un aparato de medición antes de sometelo á acción da magnitude que se quere medir.
smFISIOLUn dos grupos sanguíneos do sistemaAB0. Os individuos deste grupo sanguíneo presentan eritrocitos sen ningún aglutinóxeno e o seu plasma contén as aglutininas anti-A e anti-B.
cero das cartasMAROrixe das medidas nas cartas mariñas que se corresponde co nivel maior de baixamar posible, de xeito que non se pode atopar en ningún lugar unha altura menor de auga ca a indicada.