cereixa

< lat v cerĕsĭa lat cerăsĭum ‘cerdeira’
Pliral: cereixas
  1. s f BOT Froito da cerdeira, de forma arredondada e de pel lisa de cor vermella escura, amarela ou negra segundo as variedades de cultivo.
  2. cereixa de raposo BOT Froito da hedra.
  3. cereixa do can BOT Froito do espiño.
  4. cereixa dos paxaros BOT Froito do acivro.

Citas

  • Comprou un xersei vermello cereixa

Refranes

  • As cerdeiras e os ladróns, anque prendan non son bos.
  • Cereixas e malas fadas, cóllense pouquiñas e veñen moitas engarradas.
  • Dende maio a xullo as cereixas son coma puños.
  • En maio xa leva as cereixas o gaio.
  • Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
  • Se por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
  • Unha cereixa trae consigo unha ducia ben feita.