< gr κεραμικ ή , f de κεραμικός ‘de arxila’ gr κέραμος ‘arxila’
Pliral:cerámicas
sfArte de fabricar obxectos con materiais terrosos cocidos.
cerámica de bandas danubianaARQUEOLCerámica neolítica feita a man que ten formas sinxelas decoradas con liñas que forman bandas.
cerámica de corda secaTécnica de decoración cerámica en que as cores se separan por liñas realizadas cunha mestura de manganeso e materia graxa.
cerámica de cordasARQUEOLCerámica prehistórica que se caracteriza por impresións de cordas ao redor do colo e da barriga dos vasos ou ben por incisións fondas imitando cordóns.
cerámica de figuras negrasARQUEOLDecoración da cerámica grega que se caracteriza polas escenas con figuras pintadas en negro sobre fondo vermello.
cerámica de figuras vermellasARQUEOLDecoración da cerámica grega que se caracteriza pola representación de escenas con figuras pintadas en vermello sobre fondo negro.
sfCada un dos obxectos que se elaboran mediante a arte da cerámica.