cepa

< cepo
Pliral: cepas
  1. s f
    1. Parte do talo das plantas, especialmente das especies leñosas, que queda unida á raíz despois de cortala.
    2. Planta da vide.
  2. s f Poste ou piar que terma da cámara do hórreo.
  3. s f ARQUIT
    1. Machón sobre o que descansan dous arcos.
    2. Parte do machón que sae da terra ata a imposta que se localiza nos arcos e nas pontes.
  4. s f XEN Conxunto de individuos que presentan un xenotipo cun ou máis caracteres fixos que os diferencian dos outros individuos da variedade ou poboación á que pertencen.
  5. s f MICROB Poboación de organismos da mesma especie que proveñen todos dun mesmo antecesor e que teñen as mesmas características xenotípicas e fenotípicas.

Confrontaciones

Citas

  • Antes de labrar temos que arrancar as cepas que quedaron dos carballos
  • Cortou as cepas vellas para facer leña
  • Este ano as cepas deron moito viño

Frases hechas

  • De boa cepa. De orixe distinguida ou que presenta boas calidades.

Palabras vecinas