celulosa

< lat cellŭla lat cella ‘oco’
Pliral: celulosas
  1. s f QUÍM Polisacárido macromolecular formado por monómeros de glicosa que é o principal constituínte das paredes celulares dos vexetais superiores.
  2. s f MED Preparado de capas moi delgadas de celulosa, superpostas e case sen apresto que se emprega como absorbente de líquidos orgánicos. OBS: Tamén se denomina cotonosa ou cirúrxica.
  3. dixestión da celulosa BIOL Descomposición da celulosa que case ningún metazoo a pode realizar.
  4. nitrato de celulosa QUÍM nitrocelulosa.
  5. pasta de celulosa IND Suspensión acuosa de celulosa que se emprega na fabricación do papel.