cedro

< lat cēdru gr κέδρος
Pliral: cedros
  1. s m PLANTA Árbore do xénero Cedrus, da familia das pináceas, coa copa ancha e cónica que presenta follas perennes, dispostas en verticilos sobre braquiblastos, e piñas ergueitas e en forma de barril que se desfán ao madurar.
  2. cedro californiano/do incenso PLANTA ciprés californiano.
  3. cedro do Atlas PLANTA Árbore de figura piramidal que presenta pólas ascendentes e acículas de cor verde clara, dispostas en verticilos. É unha especie valorada pola súa madeira dura e aromática.
  4. cedro himalaio PLANTA Árbore de copa aguzada e pólas pendurantes.
  5. cedro libanés PLANTA Árbore, de copa truncada que é propio das cordilleiras do Tauro e do Antitauro, no Líbano e Cilicia.
  6. cedro virxiniano PLANTA sabina virxiniana.

Palabras vecinas