cebo

< lat cibu ‘alimento’
Pliral: cebos
  1. s m Porción de alimento que se lles ofrece aos animais e peixes para capturalos.
  2. s m Engado atractivo que se emprega para atraer a atención de alguén sobre algunha cousa ou para inducilo a facer algo.
  3. s m Cantidade de líquido necesario para producir o cebado dunha bomba.
  4. s m Dispositivo que contén unha pequena cantidade dun explosivo primario, moi sensible, que vai provisto dunha mecha dunha resistencia eléctrica ou duns electrodos que producen a explosión.

Sinónimos

Citas

  • A cea só foi un cebo para coñecer as contas da empresa, A boa oferta da axencia de viaxes é un cebo para que os clientes viaxen
  • A pesca do bonito con cebo vivo está aprobada pola Unión Europea
  • Hai que recoller o cebo do gando antes de que empece a chover

Refranes

  • Ceba ben o porco dende o mes de agosto, se queres ter bo entrecosto.
  • Co engado cóllense os peixes e engánanse os parvos.
  • Se queres que te siga o can, dálle pan.