católico -ca

Pliral: católicos Masculino: católico Masculino plural: católicos Femenino: católica Femenino plural: católicas
  1. adx RELIX
    1. Relativo ou pertencente á antiga Igrexa cristiá e, na actualidade, á Igrexa que recoñece como cabeza visible ao papa.
    2. Que segue os principios da Igrexa Católica na súa forma de obrar. Tm s.
  2. s m Título concedido en 1494 polo papa Alexandre VI á raíña Isabel I e ao seu home, Fernando II de Aragón. Este título recíbeno tamén os seus sucesores.
  3. epístolas/cartas católicas RELIX Cartas dos Apóstolos dirixidas a toda a Igrexa universal. Están incluídas no canon bíblico.