cataplasma

< lat cataplasma gr κατάπλασμα
Pliral: cataplasmas
  1. s f MED Composición mucilaxinosa, envolta en gasas e xeralmente quente, que se aplica sobre a pel como remedio medicinal.
  2. s Persoa feble e de saúde delicada.
  3. s Persoa que resulta aburrida e molesta.

Citas

  • Este inverno está feito unha cataplasma, colle todas as gripes
  • Puxéronlle varias cataplasmas no peito para que respirase mellor
  • ¡Vaia cataplasma! Sempre soltando o rollo da operación