adaptación

< adaptar
Pliral: adaptacións
  1. s f Acción e efecto de adaptar ou adaptarse.
  2. s f ANTROP/SOCIOL Proceso social e cultural que facilita o axeitamento dos individuos, grupos humanos ou colectividades sociais ao medio físico e social no que se desenvolven.
  3. s f BIOL/ECOL Conxunto de modificacións hereditarias que lle permiten a un organismo ou unha especie adecuarse ao medio.
  4. s f Transformación dun texto literario noutro xénero ou medio expresivo.
  5. s f MÚS Arranxo dunha obra con vista a executala con elementos distintos dos orixinais.
  6. síndrome de adaptación PAT Conxunto de reaccións non específicas do organismo fronte a unha agresión calquera.

Citas

  • Non houbo forma de adaptación posible dos koalas no zoolóxico