cartilaxe

< lat cartilagine
Pliral: cartilaxes
  1. s f BIOL Tecido de sostemento, resistente, elástico e deformable que carece de vasos sanguíneos. Está constituído por condrocitos, unha substancia intercelular e por un cemento amorfo. OBS: Tamén se denomina tecido catilaxinoso.
  2. s f BIOL Calquera das pezas formadas por tecido cartilaxinoso.

Formas incorrectas

cartílago