smFÍSAparato ou instalación que recolle ou almacena a enerxía nalgunha das súas formas.
smFÍS/ENXAparato capaz de transformar a enerxía eléctrica que recibe en enerxía química e reconvertela novamente en eléctrica, aínda que con algunhas perdas.
smINFORMRexistro dunha unidade aritmética que conta sucesivamente un operando e o resultado dunha operación.
acumulador cinético de enerxíaFÍS/INDÓrgano dunha máquina capaz de acumular enerxía cinética e cedela.
acumulador de aire comprimidoTECNOL
Dispositivo cargado de aire a presión que alimenta unha rede de distribución de aire comprimido de emprego intermitente.
Depósito soterrado, xeralmente natural, cargado con aire a presión procedente dos excedentes de corrente dunha central eléctrica, nas horas de baixo consumo.
acumulador de calorFÍSMasa sólida ou líquida capaz de ser quentada nun momento dado e que cede posteriormente esa calor.
acumulador hidráulicoFÍS/IND
Aparato para acumular auga ou outros líquidos a presión.
Aparato concibido para manter unha presión mínima de seguridade dentro dun circuíto hidráulico ou pneumático.