carballo

< raíz prerromana *carb-
Pliral: carballos
  1. PLANTA
    1. s m Árbore ou arbusto pertencente ás especies caducifolias e marcescentes do xénero Quercus, da familia das fagáceas.
    2. carballo albar [Quercus petraea] Árbore de casca parda e follas de base cuneiforme.
    3. carballo americano [Quercus rubra] Árbore de casca lisa e clara e follas de lóbulos aguzados.
    4. carballo anano [Quercus lusitanica] Arbusto rastreiro e estolonífero de cortiza cinsenta abrancazada.
    5. carballo cerquiño/negro [Quercus pyrenaica] Árbore de casca gris parda, con follas co envés piloso e de cor branca.
    6. carballo común [Quercus robur] Árbore de casca verde e lisa en exemplares novos e parda e rachada na madurez, que presenta follas con base auriculada.
    7. carballo pubescente [Quercus humilis] Carballo de cor verde clara, con lóbulos fondos.
  2. s m Madeira desta árbore.

Sinónimos

Citas

  • No cuarto dos meus pais hai un fermoso armario de carballo
  • O viño de crianza de La Rioja ten aroma a carballo

Frases hechas

  • Forte como un carballo. Moi forte.

Refranes

  • Un soilo golpe non derruba un carballo.