sfBIOLCuberta ou membrana que protexe diferentes estruturas delicadas en moitos organismos.
cápsula mucosaMICROBCapa difusa externa da parede dalgunhas bacterias.
sMED
Pequeno envoltorio cilíndrico, constituído por dúas pezas que encaixan unha coa outra, dunha materia insípida e soluble, dentro do que se poñen determinados medicamentos.
p extConxunto do envoltorio co medicamento incluído.
ANAT
sfMembrana dun órgano, que o envolve e o sostén.
cápsula articularSaco fibroso, recuberto pola membrana sinovial, que envolve unha articulación, formado por tecido conxuntivo denso con fibras coláxenas e elásticas.
cápsula de GlissonTecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos.
cápsula de MalpighiEnvoltura fibrosa que recobre o bazo.
cápsula externaCapa de substancia branca do encéfalo situada por fóra do núcleo lenticular do corpo estriado.
cápsula internaCapa de substancia branca situada entre a cabeza do núcleo caudal e o tálamo óptico e o núcleo lenticular.
cápsula suprarrenalglándulasuprarrenal.
sfBOT
Órgano do esperófito dos mofos que forma as esporas no seu interior.
Froito seco, pluricarpelar, sincárpico, dehiscente, e xeralmente con moitas sementes.
sfAERONParte dun satélite artificial destinada a descender á superficie dun astro.
sfQUÍMaso de porcelana ou vidro, de bordos baixos e cun pequeno bico, que se emprega en traballos de laboratorio principalmente para evaporar líquidos.
sfCasquete metálico co que se pecha hermeticamente unha botella.
sfBÉLCilindro metálico baleiro que contén o explosivo iniciador ou fulminante e que comunica o fogo coa carga explosiva mediante a acción brusca dun percusor ou por medio da enerxía eléctrica.
FÍS
sfCertos aparatos ou dispositivos electroacústicos.
cápsula microfónicaMicrófono, xeralmente de carbón, empregado en aparatos telefónicos.
cápsula de BowmanZOOLFormación típica dos riles dos mamíferos, que consiste na dilatación do nefrón, en forma de copa, que contén o glomérulo e que recolle o ultrafiltrado glomerular (ouriños primarios) para conducilo cara ao túbulo renal.