cápsula

< lat capsŭla, dim de capsa ‘caixa’
Pliral: cápsulas
    1. s f BIOL Cuberta ou membrana que protexe diferentes estruturas delicadas en moitos organismos.
    2. cápsula mucosa MICROB Capa difusa externa da parede dalgunhas bacterias.
  1. s MED
    1. Pequeno envoltorio cilíndrico, constituído por dúas pezas que encaixan unha coa outra, dunha materia insípida e soluble, dentro do que se poñen determinados medicamentos.
    2. p ext Conxunto do envoltorio co medicamento incluído.
  2. ANAT
    1. s f Membrana dun órgano, que o envolve e o sostén.
    2. cápsula articular Saco fibroso, recuberto pola membrana sinovial, que envolve unha articulación, formado por tecido conxuntivo denso con fibras coláxenas e elásticas.
    3. cápsula de Glisson Tecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos.
    4. cápsula de Malpighi Envoltura fibrosa que recobre o bazo.
    5. cápsula externa Capa de substancia branca do encéfalo situada por fóra do núcleo lenticular do corpo estriado.
    6. cápsula interna Capa de substancia branca situada entre a cabeza do núcleo caudal e o tálamo óptico e o núcleo lenticular.
    7. cápsula suprarrenal glándula suprarrenal.
  3. s f BOT
    1. Órgano do esperófito dos mofos que forma as esporas no seu interior.
    2. Froito seco, pluricarpelar, sincárpico, dehiscente, e xeralmente con moitas sementes.
  4. s f AERON Parte dun satélite artificial destinada a descender á superficie dun astro.
  5. s f QUÍM aso de porcelana ou vidro, de bordos baixos e cun pequeno bico, que se emprega en traballos de laboratorio principalmente para evaporar líquidos.
  6. s f Casquete metálico co que se pecha hermeticamente unha botella.
  7. s f BÉL Cilindro metálico baleiro que contén o explosivo iniciador ou fulminante e que comunica o fogo coa carga explosiva mediante a acción brusca dun percusor ou por medio da enerxía eléctrica.
  8. FÍS
    1. s f Certos aparatos ou dispositivos electroacústicos.
    2. cápsula microfónica Micrófono, xeralmente de carbón, empregado en aparatos telefónicos.
  9. cápsula de Bowman ZOOL Formación típica dos riles dos mamíferos, que consiste na dilatación do nefrón, en forma de copa, que contén o glomérulo e que recolle o ultrafiltrado glomerular (ouriños primarios) para conducilo cara ao túbulo renal.