capítulo

< lat capitŭlu
Pliral: capítulos
  1. s
    1. Cada unha das partes principais nas que se divide un escrito para acadar unha ordenación axeitada das materias ou temas tratados.
    2. p ext Cada un dos apartados en que se divide algo.
  2. RELIX
    1. s m Asemblea periódica dos membros dunha catedral, colexiata ou mosteiro para certas prácticas de piedade ou para adoptar acordos de interese común.
    2. s m Reunión periódica de todos os superiores ou monxes, relixiosos ou cregos regulares dunha provincia ou de todo o mundo segundo os estatutos propios, destinada a deliberar e tomar acordos referentes ao total ou a unha parte da orde ou da congregación.
    3. capítulo catedral Corporación formada polos cóengos como consello do bispo nas catedrais que ten tamén ao seu cargo, co auxilio dos beneficiados, a celebración solemne do oficio divino.
  3. s m BOT Inflorescencia constituída por un receptáculo onde se insiren as flores.
  4. capítulos matrimoniais DER capitulacións matrimoniais.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A novela que estou a ler ten trece capítulos
  • Dividiu a súa exposición en tres capítulos
  • O cóengo máis vello presidía o capítulo