Cada unha das partes principais nas que se divide un escrito para acadar unha ordenación axeitada das materias ou temas tratados.
p extCada un dos apartados en que se divide algo.
RELIX
smAsemblea periódica dos membros dunha catedral, colexiata ou mosteiro para certas prácticas de piedade ou para adoptar acordos de interese común.
smReunión periódica de todos os superiores ou monxes, relixiosos ou cregos regulares dunha provincia ou de todo o mundo segundo os estatutos propios, destinada a deliberar e tomar acordos referentes ao total ou a unha parte da orde ou da congregación.
capítulo catedralCorporación formada polos cóengos como consello do bispo nas catedrais que ten tamén ao seu cargo, co auxilio dos beneficiados, a celebración solemne do oficio divino.
smBOTInflorescencia constituída por un receptáculo onde se insiren as flores.