canción

< lat cantĭōne
Pliral: cancións
  1. s f MÚS Composición musical con texto versificado interpretado a unha ou máis voces e, frecuentemente, con acompañamento instrumental.
  2. LIT
    1. s f Composición poética de carácter lírico e xeralmente de tema amoroso que adoitaba ir acompañada de melodía.
    2. canción italiana/petrarquista Composición poética formada por un número indeterminado de estrofas ou estancias, con versos hendecasílabos e heptasílabos, de rima consonante, que pode ser de temática amorosa, elexíaca ou bucólica.
    3. canción libre Composición poética que se caracteriza por emular formas da poesía tradicional, con rima asonante e reiteración de versos e de metros.
    4. canción pindárica ariedade da canción italiana que debe o seu nome ao modelo grego de Píndaro, que combina versos heptasílabos e hendecasílabos, con rima consonante, composta de tres estrofas.
  3. s Frase ou dito que se repite excesivamente e resulta molesto.

Sinónimos

Citas

  • Leva un mes coa mesma canción: que o deixe ir ao concerto

Palabras vecinas