smExtensión de terreo, en xeral non urbano, con vexetación.
smTerreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.
smTerreo destinado á agricultura e á gandaría.
smTerreo dedicado a actividades lúdicas e deportivas.
campo abertoCampo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.
sm
Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.
Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.
BÉL
smLugar onde se practica ou realiza algunha operación de guerra ou o combate.
campo de batallaLugar onde se desenvolven operacións bélicas.
campo de manobrasTerreo onde as tropas practican exercicios de combate con fogo real en tempo de paz.
smLugar onde se instala un exército.
smConxunto dos elementos relacionados ou que son propios dunha actividade na que ten competencia ou autoridade unha persoa.
smARQUITSuperficie lisa entre dúas molduras.
smPALEOGZona ou recadro onde vai a inscrición.
smHERÁLDSuperficie ou espazo interior dos escudos onde se colocan os brasóns.
smINFORMCada unha das áreas nas que se divide o rexistro dunha base de datos para aloxar os datos dunha mesma clase nun ficheiro.
smMATCorpo que ten a propiedade conmutativa respecto á suma e ao produto.
smNUMISEspazo libre na cara dunha moeda onde se colocan os tipos.
FÍS
smMagnitude física medible que toma un valor concreto en cada punto dunha rexión do espazo, en cada instante de tempo.
campo acústicoRexión do espazo onde se propagan as vibracións sonoras.
campo centralCampo de forzas no que a forza experimentada por unha partícula é un vector dirixido a un punto fixo único denominado orixe ou centrodeforzas.
campo de forzasRexión do espazo no que unha partícula recibe unha forza que expresa a resposta desta á influencia do campo.
campo eléctricoRexión do espazo no que unha partícula inmóbil cargada electricamente recibe unha forza proporcional á cantidade de carga que contén.
campo gravitacionalRexión do espazo na que unha partícula pesada experimenta unha forza proporcional á súa masa gravitacional.
campo magnéticoCampo creado por un sistema de forzas eléctricas en movemento.
XEOG
smÁrea ou fragmento de superficie terrestre.
campo de barroForma de relevo, característica das áreas de modelado periglacial.
campo de escourasForma de relevo volcánica orixinada pola acumulación de cinsas que, ao caer sobre uns relevos preexistentes, atenúan as formas.
campo de lavaForma de relevo orixinada pola superposición de sucesivas coadas fluídas de lava.
BIOL
campo gradienteTerritorio embrionario ou do organismo adulto no que unha determinada propiedade se manifesta segundo un gradiente.
campo vexetativoCampo gradiente situado no polo inferior ou vexetativo dos ovos en regulación.
FÍS
anchura de campoDimensións do campo de definición dun instrumento óptico medidas na dirección perpendicular ao eixe óptico.
ángulo de campoÁngulo determinado ao unir o punto principal imaxe do obxectivo dun instrumento fotográfico cos extremos da diagonal da superficie sensible e co sistema enfocado ao infinito.
campo de definición/ópticoRexión do espazo que comprende todos os obxectos visibles cun instrumento óptico determinado.
campo visualExtensión do espazo que se pode ver sen efectuar movementos do ollo nin do corpo.
HIST
campo de concentraciónCampo de internamento establecido á marxe dos procedementos ordinarios de detención, previstos polas lexislacións civís e militares, onde son confinadas persoas por motivos de seguridade militar ou política, ou como forma de castigo ou explotación.
campo de traballoCampo de concentración no que se obriga a traballar aos recluídos.
campo semánticoLINGConxunto de palabras, en xeral non emparentadas etimoloxicamente, que recobre un dominio ben delimitado de significacións, constituído, tradicional ou cientificamente, pola experiencia humana.
PSIC
campo da conscienciaContido da consciencia dun individuo nun momento determinado, por oposición ao inconsciente ou subconsciente.
campo perceptivoParte do espazo do que, nun momento determinado, se poden recibir impresións e adquirir coñecementos mediante os sentidos.
campo psicolóxicoConxunto dos feitos físicos, biolóxicos, sociais e psicolóxicos que existen nun momento dado para un individuo ou para un grupo e que determina o seu comportamento. Este concepto introduciuno o psicólogo Kurt Lewin (1935), dentro do marco da psicoloxía da Gestalt ou da forma.
teoría do campoTeoría da personalidade desenvolvida polo psicólogo Kurt Lewin, baseada nos conceptos da escola da Gestalt, que fai referencia á estruturación da percepción.
campo complexoMATCorpo dos números complexos.
campo culturalFILOSConxunto de condicionantes filosóficos, sociais e principios estéticos que caracterizan o pensamento dominante nunha época concreta.
campo de audibilidadeFISIOLIntervalo de frecuencias sonoras ás que é sensible o oído.
campo de aviaciónAERONZona empregada para o despegue e a aterraxe de aeronaves.
campo de petróleoINDZona petrolífera que contén xacementos e instalacións que permiten a perforación dos pozos.
campo de urnasARQUEOLTipo de necrópole do Ferro Inicial europeo (ss XII-VII a C), caracterizada polo ritual da incineración que consistía en depositar as cinsas do morto en xerras ou urnas que se enterraban en tumbas planas.
campo escalarMATFunción que asigna un escalar a cada punto dun conxunto.
campo operatorioMEDRexión onde se practica unha intervención cirúrxica.
campo tensorialMATFunción que asigna un tensor a cada punto dun conxunto.
campo uniformeMATCampo escalar, vectorial ou tensorial, que toma o mesmo valor en todos os puntos.
campo vectorialMATFunción que asigna un vector a cada punto dun conxunto.
Despois de moitas voltas, fomos saír a campo aberto
Encheron de patacas o campo máis grande que tiñan, O campo de millo ocupa catro ferrados de terra, As vacas rubias pacen no campo
Está previsto que o concello constrúa varios campos de deporte: un campo de fútbol e dous de baloncesto, No campo da feira os campesiños vendían o gando e no campo da festa bailaban toda a noite
Estableceron o seu campo moi preto do lugar onde se instalaran os seus inimigos
Mataron a cinco soldados do campo republicano
Montamos no campo unha tenda de campaña para pasar o verán
O campo de acción dun político pode ser moi amplo, O campo da música paréceme que recibe un tratamento superficial na obra que estás lendo
O campo dos conservadores non quería que se aprobase a lei
O campo onde tivo lugar a loita foi un lugar estratéxico escollido polo xeneral
O campo púxose en folga ante a negativa do goberno para negociar o conflicto
O partido disputouse no medio campo e non houbo ocasións de gol
Onde situaron o hospital antes había campo, Pola fiestra do tren viamos o campo verde
Os problemas do campo presentan unha solución difícil, Vivir do campo non lle deu moi bo resultado
Os xogadores entraron no campo de xogo, O equipo contrario pechouse no seu campo para saír ao contragolpe
Pasamos un día no campo na compaña duns parentes, Os labregos emigraron do campo á cidade
Frases hechas
A campo. Apl
Deixar o campo libre 1 Retirarse do combate.
Quedar dono do campo/quedar o campo por un. Vencer nunha disputa ou en algo que se quere levar a cabo.
2 Abandonar unha empresa co conseguinte beneficio do competidor.