campaña

Pliral: campañas
  1. s f BÉL
    1. Operación militar que se realiza en campo aberto.
    2. Conxunto de operacións estratéxicas, recollidas nun plano organizado previamente, para levar a cabo algún obxectivo concreto.
    3. Período no que as tropas residen ou operan en zonas de guerra.
  2. COMUN
    1. s f Serie de actuacións para conseguir un determinado fin.
    2. campaña publicitaria Conxunto de accións realizadas por un anunciante dun produto para conseguir un maior número de ventas.
  3. s f Período no que se realizan unha serie de actividades cunha finalidade concreta.
  4. s f MAR/BÉL
    1. Tempo que duran as operacións realizadas por un buque cumprindo algunha misión.
    2. Duración dos servizos que presta un mariñeiro nun buque de guerra.
    3. Temporada de pesca dunha especie.