camisa

< lat v camisĭa
Pliral: camisas
    1. s f Peza de roupa que adoita abotoar por diante, de forma folgada e de manga curta, media ou longa.
    2. camisa de forza Peza de roupa resistente que abotoa ou ata por detrás, que se lles pon aos enfermos mentais para os suxeitar.
    1. BÉL Tubo de metal que forma o recubrimento interior do canón.
    2. TECNOL Revestimento metálico que se coloca no interior dun espazo oco para aumentar a súa resistencia.
    3. s f TECNOL Revestimento tubular disposto no interior do cilindro que fai de superficie para que escorregue o pistón.
  1. ZOOL Cuberta corporal abandonada que conserva a forma do animal que a orixinou.
  2. s f Parte externa que reviste os legumes ou os froitos.
  3. s f Tecido que envolve o feto.

Confrontaciones

Citas

  • Atopamos unha camisa de cobra no monte
  • Mercou unha camisa de seda natural na súa viaxe a China
  • Non lle gustaba nada comerlle a camisa aos chícharos
  • Rompeu a camisa do garrafón e tivemos que colocarlle outra

Frases hechas

  • En mangas de camisa loc adv Andar vestido, de cintura para arriba, s
  • Cambiar/mudar de camisa. Cambiar de ideas, de partido ou de conducta segundo as propias conveniencias.
  • Esperar unha persoa pola camisa do morto. Esperar que outra persoa faga o que pode facer ela.
  • Meterse en camisa de once varas. Inmiscirse no que a un non lle interesa.
  • Quedar unha persoa nunha camisa lavada. Quedar esa persoa despreocupada ou sen responsabilidade sobre algo que a molestaba.
  • Suar a camisa. Traballar con moito esforzo.
  • Xogar a camisa. Gastar no xogo todo o que unha persoa ten.