camelo -la

Pliral: camelos Masculino: camelo Masculino plural: camelos Femenino: camela Femenino plural: camelas
  1. ANIMAL
    1. s m Mamífero artiodáctilo, do xénero Camelus, pertencente á familia dos camélidos, que presenta no dorso unha ou dúas xibas que constitúen reservas de graxa obtida en períodos de boa alimentación e que empregan como fonte de enerxía en períodos de xaxún ou de traballo excesivo.
    2. camelo árabe [Camellus dromedarius] Mamífero da familia dos artiodáctilos, que presenta unha única xiba. Atópase nalgunhas rexións africanas. OBS: Tamén se denomina dromedario.
    3. camelo bactriano [Camellus bractrianus] Camelo que ten dúas xibas e é máis robusto ca o camelo común. Vive en Asia Central.
  2. s m MAR Aparello usado para alzar os navíos co fin de diminuír o seu calado.
  3. s   Pequeno traficante de drogas que comercia directamente cos clientes.