cambón

< camba
Pliral: cambóns
  1. s m Peza do carro que se coloca no final do cabezallo, para aumentar a capacidade da canga.
  2. s m Ferramenta con catro pugas de ferro que saen dun traveseiro utilizada para estender esterco.

Citas

  • Esqueceu o cambón na casa e non llo puido poñer á carga de herba seca
  • Non puidemos moer porque rompera o cambón
  • Non trouxemos o cambón e tivemos que xuntar as algas coas mans
  • Rompeu o cambón e non se puido gradar a terra, Puxémoslle un cambón ao carro porque levaba moita carga e as vacas non podían movelo

Palabras vecinas