calzo

< calzar
Pliral: calzos
  1. s m Anaco de calquera material que se coloca nas rodas dun coche para impedir o seu desprazamento.
  2. s m Cuña que se pon entre dous corpos para asentalos ou evitar o rozamento.
  3. s m MAR Soporte de madeira que ten a misión de suxeitar un bote sobre a cuberta dun buque.

Sinónimos

Citas

  • Cómpre poñer o calzo ao coche nesa costa para que non marche só
  • Púxolle un calzo á mesa porque abaneaba

Palabras vecinas