caloría

< calor
Pliral: calorías
    1. s f METROL Unidade de cantidade de calor, desaconsellada polo SI, que se define como a cantidade de calor necesaria para aumentar a temperatura dun gramo de auga destilada de 14,5°C a 15,5°C, a presión atmosférica normal constante.
    2. caloría gramo/pequena caloría Caloría, especialmente en oposición a gran caloría.
    3. gran caloría quilocaloría.
  1. s f METROL Unidade que se emprega para indicar a cantidade de calor liberada polos alimentos durante os procesos de oxidación.