calendario

< lat calendarĭu
Pliral: calendarios
  1. CRON
    1. s m Sistema de distribución do tempo en grupos orixinados polas lunacións, os meses, as fases da Lúa, as semanas, e o movemento aparente do Sol, os anos. A unidade tomada como base é o día, determinado polo movemento diúrno aparente do Sol.
    2. calendario gregoriano Calendario creado en 1582 no que se engadiron dez días de súpeto co que se modificou o concepto de ano bisesto no novo calendario.
    3. calendario lunar Calendario que ten como base o fenómeno das lunacións. A duración da lunación varía de 29 días e 6 horas a 29 días e 20 horas.
    4. calendario republicano Calendario de uso obrigatorio en Francia desde 1793 ata 1806, no que o ano se iniciaba o 22 de setembro e estaba dividido en 12 meses de 30 días.
    5. calendario solar Calendario que se sustenta no movemento do Sol arredor da Terra, no que as agrupacións principais son os anos e as estacións.
    6. calendario xuliano Calendario creado no 45 a C que establece o concepto de ano bisesto e un ano civil de 365,25 días, dividido en doce meses.
  2. CRON
    1. s m Táboa gráfica da sucesión dos días, os meses e as estación para cada ano, xeralmente coa indicación dos acontecementos civís ou relixiosos principais.
    2. calendario perpetuo Táboa de cómputo disposta de xeito que permite atopar o día da semana ou o día de calquera ano indefinidamente desde o establecemento do calendario xuliano.
  3. s m Táboa ou catálogo, confeccionado polos organismos públicos competentes, que regula os acontecementos e as manifestacións dunha determinada profesión ou actividade durante o ano.
  4. calendario da flora BOT Táboa das épocas do ano en que florean, nunha localidade determinada, unha serie de especies vexetais.
  5. calendario de actas HIST Libro onde se inventariaban os documentos pertencentes a unha casa, unha familia ou a unha corporación.

Sinónimos

Citas

  • Comproba no calendario cándo hai lúa chea, O calendario ten unha foto moi bonita no mes de marzo

Palabras vecinas