smElemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre, e está presente en todos os organismos.
bromuro de calcio [CaBr]Sal cálcico de ácido bromhídrico que ten acción sedante sobre o sistema nervioso.
carbonato de calcio [CaCO 3 ]Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. Emprégase na fabricación de cemento e cal vivo, e na industria química e farmaceútica.
cloruro de calcio [CaCl 2 ]Sólido incoloro e cristalino que se combina formando numerosos hidratos.
fosfato de calcioSal derivado do ácido fosfórico, que se emprega como fertilizante e como suplemento mineral en penso.
hidroxenosulfito de calcio [Ca(HSO 3 ) 2 ]Sal de calcio, que se emprega principalmente no branqueo téxtil e de papel.
hidróxido de calcio [Ca(OH) 2 ]Sólido cristalino incoloro que como produto industrial aparece en forma de pos brancos coñecidos xeralmente como calmorto.
hidruro de calcio [CaH 2 ]Sólido de cor branca empregado na industria para desecar os aceites de condensadores e transformadores.
hipoclorito de calcio [Ca(ClO) 2 ]Sólido incoloro que xeralmente se obtén en combinación co cloruro, no produto chamado clorurodecal,posdebranqueo ou posdegas.
nitrato de calcio [Ca(NO 3 ) 2 ]Sólido branco delicuescente empregado en pirotecnia, explosivos e mistos, e tamén como fertilizante.
óxido de calcioSólido cristalino, xeralmente presentado en forma de pos brancos amorfos, coñecidos co nome de cal.
pectato de calcioComposto, insoluble en auga, responsable da estrutura e da textura dos vexetais.
sulfato de calcio [CaSO 4 ]Composto que está presente na natureza en forma anhidra (anhidrita), e de dihidrato (xeso).
antagonista do calcioMEDMedicamento que actúa moderando a entrada de ións de calcio no interior das células musculares.
bomba de calcioFISIOLTransporte activo, con gasto de enerxía do ión Ca 2+ desde o citosolo ao interior do retículo sarcoplasmático.