cainotérido

Pliral: cainotéridos
  1. adx Relativo ou pertencente aos cainotéridos.
  2. s m PALEONT Mamífero da familia dos cainotéridos.
  3. s m pl PALEONT Familia de mamíferos fósiles da suborde dos tilópodos, que se caracteriza por medir uns 30 cm de lonxitude, coas patas traseiras máis longas ca as dianteiras e todas elas rematadas en pezuños de dous dedos e co resto reducidos. Presentaban tamén orellas longas e hábitos semellantes aos coellos.

Palabras vecinas