Desnivel brusco dunha corrente de auga a causa do desnivel do terreo que pode ser aproveitado como fonte de enerxía.
sfDiminución considerable do valor ou do prezo dalgunha cousa.
sfFalta ou acción reprobable na conduta dunha persoa.
sfParte final dun período de tempo.
sfCambio do tipo de goberno ou dominio.
sfLINGFenómeno de desaparición dun son ou dun grupo de sons sen influír na articulación dos sons veciños.
sfMAR
Inclinación dos paus dun barco, medida pola distancia horizontal entre o pé do pau e a vertical do extremo superior.
Cada un dos lados das velas que van de arriba cara a abaixo.
sf p extTÉXT
Calidade das teas cando caen con peso abondo ou xeito como se axusta ou se encarta unha peza confeccionada.
Parte que pendura nunha toalla, nunha cortina ou en calquera outra peza.
sfXEOGLado superior do noiro continental ou da vertente dunha canle que limita a chaira mariña. OBS: Tamén se denomina plataforma continental.
caída de potencial/de tensiónFÍSDiferenza de potencial entre dous puntos dun circuíto, producida polo paso dunha corrente eléctrica a través dun elemento disposto entre estes dous puntos.
caída libreFÍSMovemento dun corpo sometido unicamente á forza dun campo gravitatorio.