fDocumento pontificio relativo á materia de fe ou de interese xeral, expedido pola chancelaría apostólica con carácter executivo e acompañado do selo papal estampado en tinta vermella.
bula áureaBula asinada cun selo dourado en documentos papais de grande importancia.
bula da Santa CruzadaBula outorgada polos papas desde o s XI que concedía indulxencias, privilexios e grazas a aqueles que loitaron na Península Ibérica contra os musulmáns.
bula de carneBula que dispensaba de facer vixilia.
bula de composiciónBula outorgada polo comisario xeral da Cruzada aos posuídores de bens alleos cando non consta o propietario dos mesmos.
bula de defuntosBula que se tomaba para aplicar a un defunto as indulxencias marcadas na mesma.
f
Selo pontificio impreso en chumbo, co nome do papa nunha cara e a representación das cabezas de san Pedro e san Paulo na outra.
Peza de chumbo ou de ouro, plana e gravada, que se penduraba como selo das misivas oficiais e doutros documentos.
fHISTMedallón dourado que levaban os fillos das familias nobres romanas ata os 17 anos, momento no que vestían a toga.