búfalo

< lat bufălu
  1. m ANIMAL Mamífero ruminante do xénero Bubalus ou Syncerus, da subfamilia dos bovinos. Teñen o corpo groso e a cola longa rematada nun pincel de pelos, e presentan cornos longos e anchos na base.
  2. búfalo africano/cafre ANIMAL Búfalo non domesticable que está considerado como un dos animais máis perigosos de África.
  3. búfalo anano ANIMAL anoa.
  4. búfalo asiático/indio ANIMAL Búfalo que habita, en estado salvaxe, nas zonas pantanosas da India, Sri Lanka e L de Bengala. Existen formas domesticadas.

Confrontaciones

Palabras vecinas