bucina

< lat bucĭna ‘trompa de corno’
  1. f ANIMAL Gasterópodo, da orde dos neogasterópodos, de cuncha de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas.
  2. f TECNOL Avisador acústico que se basea na transformación de enerxía eléctrica ou mecánica en enerxía sonora e na amplificación desta nun tubo de forma.
  3. f TECNOL Tubo de sección variable con superficies terminais de áreas diferentes que se destina a encaixar correctamente unha membrana vibrante de superficie pequena ao aire ambiente.
  4. f MÚS Trompeta medieval recta, moi longa e estreita.

Sinónimos

Palabras vecinas